CONCERTO EN TEBRAS

Dani Fernández protagoniza a Xira Vibra Mahou, que recorrerá 15 cidades españolas en 2023

O circuíto percorrerá ata o 30 de setembro diferentes cidades españolas. Comezando en Valencia, a xira percorrerá Burgos, Vitoria-Gasteiz, Xixón, Lugo, Villava, Santander, Selecta, Guadalaxara, Erandio, Ciudad Real, Murcia, Almendralejo e finalizará nunha cidade sorpresa aínda por desvelar. Un total de 15 salas que acollerán en directo os temas do último álbum do artista, incluídos dous dos singles que lle levaron a alcanzar dous discos de platino: “Clima tropical” e “Dille aos demais”.

SOLD OUT

 

 

 CONCERTO EN TEBRAS

«POR MI SWING» Presenta o seu primeiro disco

O vindeiro venres 16 de Decembro «Por mi Swing» presenta o seu primeiro disco ás 21:30h na sala tebras. Por mi swing é unha agrupación lucense especializada na música swing dos anos 20, 30 e 40. Tras varios anos e moitos concertos lanzan o seu primeiro disco «Swing Parade of the 21 Century». Entre as cancións destacan: Perfidia, Dream a little dream of me, My baby just cares for me. A banda está composta por: Olaya, Rachel, María e Basi como vocalistas; Manuel ao piano, Mike á guitarra, Kike ao saxo, Diana ao contrabaixo, Rulos ao clarinete e Marco á batería.

 

 

POR MOTIVOS ALLEOS Á SALA TEBRAS O CONCERTO DE SÉS QUEDA CANCELADO

 

 

CONCERTO EN TEBRAS

Concerto de Gloosito o 05 de novembro

Gloosito (1996, Collado Villalba) é o aire fresco que precisaba a escena urbana estatal. Xunto a CTDS (Shynelevell, JayDime) liderou un novo son e estética que asombrou ao público más esixente. Barras de peso sobre Detroit Beats e unha cadencia abraiante levaron ao mozo madrileño a presentar a súa música en Infierno, Costa Social Club, Chachá ou Teledeporte (Madrid Urban Sports) e a colaborar con artistas como Kaydy Cain o Yung Beef. Cun ritmo de traballo enérxico en 20/21 presentou Talking Shit EP, Rx Bushido, Port Au Prince, CTDS Vol.1, CTDS Vol.2. Participou nas Gallery Sessions e HOMENAJE onde acadou máis dun millón de streams en Spotify. 2022 preséntase como o ano perfecto para confirmarse como a mellor aposta do panorama urbano. Artistas convidados: Dury Lanasa, Sir Lamar e Darius C.

Entradas en Woutick!

CONCERTO EN TEBRAS

O 04 de novembro Girando Por Salas trae a Tebras a María Guadaña

Jiennense, compositora e cantante, descarnada e honesta; é pura emoción visceral, profunda e radicalmente sensible; extrema sempre na súa entrega e indómita de espírito. As súas cancións son poemas sonoros que expresan a súa audaz actitude vital. Ela é exquisita e brutal. Gardiá e prófuga. Tenra e salvaxe. Dama e obreira do verso.

NOVO CONCERTO EN TEBRAS

5 de Novembro concerto de TRAP. Actuación dunha das figuras relevantes do TRAP. En próximos días máis información.

El Chapulín Solo

(Manu Chao acústico)

Data _13 de marzo de 2022

Nova Data_15 de marzo de 2022

Apertura de portas _ 20:00 h.

Comezo _ 21:00 h.

PREZO DAS ENTRADAS

Anticipada _ 20 € + Gastos de xestión

Dispoñibles para o día 15 en Entradium.com

Festa de Entroido na Sala Tebras

Este entroido, non te perdas a maior festa de disfraces da man da Sala Tebras. Luces, música e máscaras xuntaranse no noso espazo cultural para amenizar a noite do 28 de febreiro. Dende as 23.30 horas, poderase gozar do mellor ambiente da man do dj radiofónico David Espósito.

Valo perder?

Zahara volve á Sala

Logo de ser unha das primeiras artistas musicais en pisar o escenario da Sala Tebras, Zahara volve a Lugo a defender o seu novo traballo Puta unha historia de redención persoal que viu a luz o pasado ano e na que a cantante preséntanos ao seu novo eu renacido.

Este 11 de febreiro ás 22.00 horas, tes unha cita con Zahara, na Sala Tebras (apertura de portas ás 21.00 horas).

Información e venda de entradas, neste enlace.